Javier Guerra ten claro que o futuro de Galicia non pode basearse só na acción política, senon que co apoio institucional, son as persoas as que teñen que dar o paso para emprender novas iniciativas

Guerra: 'Está todo hecho para la planta de baterías'

O conselleiro de Economía e Industria, Javier            Guerra, con Laura Vázquez e Lalo Pavón, durante a entrevista mantida nas instalacións de Telemiño. Foto: Xesús Fariñas
El conselleiro de Economía, Javier Guerra, señala que la Xunta ya ha hecho todos sus deberes para la posible instalación en la Plisan de Salvaterra-As Neves de la fábrica de baterías de coches eléctricos de Mitsubishi. 'Lo único que está pendiente es una decisión puramente empresarial', señala.
Despois do anuncio da implantación de Xero en Ourense, en qué situación se atopa o proxecto?

Imos cumplindo etapas de xeito que se mantén o compromiso firme da empresa de establecer a sua planta de produción en Ourense. Detrás, hai unha laboura importante da Consellería, que inclúe incluso desprazamento dos seus técnicos a Inglaterra, para ofrecer as condicións que había habilitadas para unha iniciativa deste tipo. Logramos que a empresa se interesase e firmamos un documento de compromiso en cuanto á inversión. Agora resta decidir a ubicación, e neso estamos.

Anuncialo a dous meses das eleccións municipais e sen a ubicación decidida, non supón o risco de que sexa considerado un anuncio electoralista?

A empresa, que está en Inglaterra, traballa en función das suas necesidades e dos seus intereses e non está pensando na data das eleccións municipais noutros países.
Nós fixemos o traballo profesional que nos correspondía para conseguir salvar a competencia doutros países, como Holanda. Resolto eso, o demáis resulta secundario. O emprazamento será o que se considere máis adecuado e a Deputación de Ourense traballa nesa cuestión.

Comprenderá que despois de tantos anuncios fallidos noutras iniciativas, os ourensáns teñen dereito a desconfiar?

A Consellería de Economía e Industria é allea a esas cuestións. Facemos un traballo profesional e tratamos de lograr as mellores condicións para captar inversións.

Nos tempos de Núñez Feijóo como conselleiro escomenzou a xestión do espacio industrial do Val da Rabeda e da Cidade do Transporte, no polígono de San Cibrao. Sete anos despois, e ca etapa do bipartito polo medio, seguen á espera. Qué previsións teñen ao respecto para ámbolos dous proxectos?

A xestión do chan empresarial non entra nas competencias do meu departamento. A Consellería de Economía encárgase só de xestionar as condicións para procurar a implantación de empresas. O emprazamento é unha cuestión de Medio Ambiente. É certo que estamos plantexando os plans de inversións de xeito transversal, que afectan a varias consellerías. No Plan Impulsa, por exemplo, para fomentar o desenvolvemento de Ourense, quen canaliza todas estas cuestións é a Consellería de Presidencia.

Fala vostede do Plan Impulsa. Cuál será o seu significado para a provincia de Ourense?

Significa un escenario de maior privilexio para inversións dos existentes en Galicia, que convirte a Ourense -e Lugo- en lugar que ofrece as mellores condicións. A Xunta ofrece subvencións e apoio ó financiamento de iniciativas que chegan ata o sesenta por cento do total. Dende a Consellería de Economía temos feito un traballo profesional e riguroso para establecer condicións atractivas. O que pasa é que tamén os emprendedores teñen que dar un paso adiante e abandeirar proxectos que xeneren actividade económica. Nós non podemos invertir.

Hai poucos días estivo en Ourense pronunciando unha conferencia o expresidente de Endesa e ex deputado do PP Manuel Pizarro. Propuña crear emprego para impulsar a actividade económica como receita para sair da crise.

Trátase dun bo amigo. Eu coincidín con el cando fixo esa apreciación. Xustamente se refería ós emprendedores e a necesidade de que asuman responsabilidades para xenerar actividade económica.

Vostede acaba de anunciar a Lei de Política Industrial de Galicia, que entre outros aspectos, contempla a creación do Consello Galego de Industria. Qué papel pode xogar o novo marco legal e tamén o devandito Consello?

Trátase de buscar un ordenamento e unhas directrices que simplifiquen as normas de funcionamento, así como de permitir un seguimento máis directo dos proxectos por parte da Consellería. Aquí tería aplicación o que comentamos antes de inversións como a de Xero. No Consello estarán presentes todos os actores que teñen algo que ver co sector e será un paso adiante. Esta lei marcará un antes e un despois, pois aportará maior capacidade de xestión para os proxectos considerados estratéxicos para a Comunidade galega, ademáis de convertila en máis participativa.

Falabamos das expectativas de Ourense, pero en Vigo e no sur de Galicia están pendentes do que pase ca planta de Mitsubishi.

No que respecta á Consellería de Economía e Industria está pechado. Xunta e Goberno mandaron no seu día unha carta firmada polo ministro de Industria e eu mesmo, co compromiso de respaldo financieiro das Administracións e no que se incluían a máxima seguridade xurídica. Nese tempo, a Consellería de Economía fixo os deberes e logrou que se resolveran as cuestións pendentes que había en torno ós terreos da Plisan (Plataforma loxística industrial creada no entorno de Salvaterra de Miño), para facilitar o emplazamento. Por certo, na carreira por lograr esta inversión para Galicia, ganámoslle a batalla a outros 14 aspirantes, a partir dunha iniciativa que naceu no despacho do presidente da Xunta. Agora o único que está pendiente é unha decisión puramente empresarial e, tamén, da situación xerada despois do terrible terremoto, que non afectou directamente á empresa, pero é certo que todo o país está afectado polo acontecido. En todo caso, permítame que diga que neste momento estamos escomenzando a recoller os resultados do traballo feito ó longo dos últimos dous anos.

Poderíase dicir que o seu departamento gaña capacidade de xestión co novo marco legal?

Nos de especial trascendencia, podería decirse que sí, co cual resolveríamos algunhas dificultades cas que nos topamos actualmente. Hai que ter en conta que Galicia non é un territorio de especial trascendencia empresarial, por eso temos escaso reclamo e debemos suplir as carencias facendo nós ese traballo. Non se trata dunha cuestión de partido, dun Goberno, ou dun Parlamento; vai moito máis alá, pois falamos de todo un país. Hai que ser facilitadores de inversións, aínda que tendo en conta que os verdadeiros protagonistas son os empresarios, sobre todo a mediana e pequena empresa asentada en Galicia. As empresas son os grandes actores.

No seu día, a Xunta sumouse ás axudas do Goberno para estimular a venda de coches. Contempla unha segunda fase?

Non. Fomos das comunidades autónomas que mantivemos as axudas cedidas polo Goberno, ainda que naquel momento foi algo así como un trágala, pero entendemos que significaba moito para Galicia, que é o polo máis importante da automoción en España. Vender coches é axudar á producción, pero unha comunidade soa non pode asumir esas axudas. Ten que promovelo o Goberno, en colaboración coas comunidades autónomas, con un ámbito global. Nese contexto, estaríamos dispostos a seguir. Doutra maneira, non.

Sí que puxo en marcha, en cambio, un Plan Renove para a actualización de equipos de aire acondicionado.

Certamente está contando cunha grande aceptación, co cual, ademáis de contribuir á modernización das empresas, disminuímos as emisións de CO2 e facemos a nosa aportación á conservación do medio ambiente. Permítanme a ocasión para apuntar que dous dos grandes retos que temos pendientes no empresariado galego consisten na modernización, innovación e internacionalización.

Te puede interesar