BENITO GONZÁLEZ, Presidente da Federación Galega de Confrarías

Retribucións autorizadas pola lexislación e contempladas nos estatutos

Nos últimos anos a única actividade coñecida do brazo armado da UGT e do PSOE para o Mar, denominado Agamar, son as continuas denuncias ás confrarías de pescadores; iso sí, personalizando sempre na figura dos patróns e patroas maiores e/ou presidentes/as das agrupacións de mariscadoras. A última novidade nese sentido é o desproporcionado ataque a figura do Presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
O proceso de difamación agora feito público se basea nunhas supostas denuncias, das que non temos coñecemento, e que se refiren á actividade representativa, profesional, empresarial e institucional do presidente da Federación Galega. En primeiro lugar se refire á retribución que desde a fundación da Federación percibe a figura do presidente en compensación pola perda de tempo de traballo e dedicación ás funcións de representación que ten encomendadas segundo os estatutos e que, en todo caso, figuran presentadas polo Comité Executivo e aprobadas pola Asamblea Xeral da Federación, tal como é o caso; indicar ademais que no Decreto de Confradías se sinala a legalidade destas idemnizacións que poderán dividirse entre doceavas partes. Non obstante, Agamar presentou feitos diferentes co fin de acadar o titular máis sensacionalista posible para crear alarma na opinión pública sen investigar ou sequera aclarar a legalidade do asunto.
Para ser elixido presidente da FG é necesario ser patrón maior dunha confraría, na actualidade da de Cambados, e que calquera retribución aprobada polos órganos de goberno desta confraría son compatibles con outro tipo de retribución.
A súa pertenza ao consello de administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía non leva retribución periódica fixa senón dietas de asistencia ás reunións desta entidade da mesma forma que pertence ao Consello Galego de Pesca, ao Consello Galego de Medio Ambente, aos Grupos de Acción Costeira, ao Consello Consultivo Rexional do Atlántico Sur con sede en Lorient e a outros organismos en representación da Federación Galega.
O desempeño de actividades persoais como armador dun barco de baixura ou como membro dunha familia con actividade económica, non ten ninguna imcompatibilidade coas actividades citadas anteriormente, e so se utiliza esta circunstancia para confundir e predispoñer negativamente contra a súa persoa.
A Federación Galega de Confradías non ten ningún vehículo de alta gama que sexa de propiedade da Consellería do Mar.
De todos estes datos a Consellería do Mar xa era coñecedora desde o mandato de catro anos de Carmen Gallego, fundadora e membro de Agamar, fronte á Consellería de Pesca, no caso do anterior e do actual presidente da FG, sen que en ningún momento mostrase o seu desacordo nin escrito nin de palabra, estando o presidente e a Federación Galega sometida a control.
Dentro das 62 confrarías de Galicia, igual que na sociedade, existen distintas orientacións políticas persoais e isto ten que estar desvinculado do traballo como patróns maiores e presidentes das Federacións, que en todo momento deben defender os intereses profesionais da xente do mar. O que defende neste caso o presidente da FG, Benito González, son as directrices marcadas polo Comité Executivo, a Xunta Xeral ou as Asembleas sectoriais da entidade. Cada un dos conflictos que se sinala por Agamar e as posturas adoptadas en cada un (xubilación de mariscadoras de máis de 65 anos, ou seguro de accidentes marítimo, as axudas a mariscadoras nas zonas 'c' e os traslados de marisco contaminado), foron acordadas en reunión dos órganos de goberno da FG.
Desde o sector do mar, mariscadoras, tripulantes e armadores, so se coñecen as actividades anecdóticas de Agamar, que non teñen que ver coa vida dura do mar e do marisqueo. En realidade esta parece una organización travestida, xa que tendo a súa sede social na UGT, pasa por ser independiente e especializada no marisqueo.
Sobre o apoio económico, Agamar recibiu axudas millonarias aproveitándose das afinidades políticas das que os armadores, tripulantes autónomos e mariscadores non teñen coñecemento que se empregaran para o sector da pesca ou do marisqueo en Galicia. Recibiu Agamar axudas, por ejemplo, da Deputación de A Coruña o mesmo ano no que se lle negaron á Federación Galega porque era una organización a nivel non provincial, cando Agamar está inscrita a nivel estatal. Recibiron axudas e subvencións de diversas consellerías durante o mandato do PSOE para dar cursos para títulos a tripulantes de buques petroleiros, buques quimiqueiros, buques gaseiros, buques tanques e de pasaxeiros, que nada teñen que ver co sector da pesca de baixura e do marisqueo, que ninguén coñece o lugar e fecha da súa impartición.
Firmaron convenios de colaboración con ministerios para proxectos que ninguén coñece, nin mariscadoras nin tripulantes, pero que sí consta que se concederon axudas arrogándose unha representatividade que en absoluto lles corresponde.
Falando de representatividade, é importante denunciar a usurpación desta a nivel internacional, pois aparecen representando e dando opinión en nome da flota galega e así vemos paseando á presidenta de Agamar por Hon-Kong, San Juan de Luz, Mali, Sri Lanka, Roma, Bangkok, Karachi e Río de Janeiro acompañada por persoas que non son do sector do mar.
E o problema real que existe é que da contabilidade de Agamar, so podemos saber a pouca información pública que existe das millonarias subvencións que recibiron do PSOE mentres estivo gobernando. Non sabemos que é o que cobran, cuestión que Agamar coñece en todo momento das contas da federación galega, primeiro porque estas contas son transparentes e públicas , segundo porque os membros da Xunta Xeral teñen copias detalladas dos gastos do presidente.

Te puede interesar