A Ruta do Viño Rías Baixas celebrará esta fin de semana con diversos actos o Día Europeo do Enoturismo

A Ruta do Viño Rías Baixas celebrará esta fin de semana con diversos actos o Día Europeo do Enoturismo, ámbito no que o sector considera que 'hai futuro'.
Así, por terceiro ano, a Ruta do Viño Rías Baixas celebrará esta fin de semana con diversos actos o Día Europeo do Enoturimo que será o próximo domingo. Na presentación, explicaron que é unha iniciativa que se potencia para dar ao enoturismo o valor que realmente ten, como ferramenta de promoción do 'noso', asociando patrimonio, cultura e gastromonía porque 'é un bo negocio', segundo destacou o presidente do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, José Ramón Meiriño.

Este día do enoturismo ten por obxecto difundir o turismo do viño de forma simultánea en todos os países europeos e concienciar sobre a súa importancia. 'Aí está o futuro das adegas, está claro que é a oportunidade que hai que traballarse', afirmou.

'Os turistas que nos visitan xa cada vez máis demandan esta oferta, turistas galegos e do territorio nacional, sobre todo, pero tamén cada vez máis estranxeiros que, hoxe por hoxe, son os máis entendidos na materia', segundo manifestou o xerente da Ruta do Viño Rias Baixas, Ramón Burdeos.

VISITAS E DEGUSTACIÓNS

Visitas a adegas con degustacións gratuítas, charlas para introducirse na cultura do viño e rutas forman parte das actividades programadas para a fin de semana.

Pero, ademais, a Ruta do Viño Rías Baixas organizou unha xornada especial na que participarán unhas 20 persoas. Os afortunados serán aqueles que resulten gañadores das entradas dobres que a Ruta do Viño sortea estes días a través da súa páxina do Facebook, e que terán a oportunidade de coñecer de primeira man as grandes posibilidades que ofrece a ruta en compañía de varios blogastrónomos galegos.

Te puede interesar