Baltar defende os vínculos e o compromiso do PP co rural

mitin.pp.en.bande.05_result
photo_camera Manuel Baltar, durante o mitin de onte en Bande.

O líder dos populares ourensáns reivindicou o desenvolvemento da agroindustria e do turismo cultural "como medios para poñer en valor o noso rural, perfectamente reflectidos no programa do PP". 

A caravana electoral do Partido Popular fixo onte parada en Bande e Arnoia. Dos localidades nas que o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, defendeu "o claro compromiso do PP co medio rural, unha das súas bandeiras, fronte a aqueles partidos que só saben pensar nas nosas comarcas e nos pequenos concellos cando están en campaña electoral".

O líder dos populares ourensáns reivindicou o desenvolvemento da agroindustria e do turismo cultural "como medios para poñer en valor o noso rural, perfectamente reflectidos no programa do PP". 

"Se hai unha provincia con potencial nacional e internacional na industria agroalimentaria e cun patrimonio histórico e cultural esa é Ourense", afirmou Baltar, que citou como exemplos a pegada dos romanos na comarca da Baixa Limia ou o sector vitivinícola en Arnoia.

O compromiso popular "é seguir investindo no rural, porque só así defendemos o territorio e ofrecemos oportunidades para xerar riqueza e emprego", dixo Manuel Baltar, para quen este sector necesita de gobernos populares como a Xunta e a Deputación de Ourense”.

Nesta liña criticou a utilización electoral que fan as mareas, os nacionalistas e os socialistas do campo ourensán, "mesmo descualificando aos nosos concellos, e aos seus habitantes, chamándolles graneiro de votos do PP". "En efecto –ironizou- somos un graneiro, pero o grao só se obtén cando ofreces respostas ás necesidades dos veciños, dos agricultores ou dos viticultores; se non sementas, non hai colleita", remachou Baltar. 

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S