Manuel Baltar compromete que a recuperación chegue ás vilas

mitin.pp.en.cortegada.02_result
photo_camera Baltar explicou as propostas para a vindeira lexislatura.

Baltar definiu Ourense como "unha terra de emprededores" pola que a súa formación política garantiza seguir "traballando para xerar máis emprego, con especial atención aos autónomos"

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, percorreu onte pola tarde Cortegada e Toén, once celebrou dous mítines e pediu o voto para Núñez Feijóo “para que Ourense e Galicia sigan a ser unha excepción pola responsabilidade coa nosa terra e pola estabilidade que aportará fronte a unha coalición do caos”. O gran reto da candidatura popular “é que a recuperación económica sexa compartida por todos os galegos, residan onde residan, sexan cidades, vilas ou pobos, porque para nós non hai nin cidadáns de primeira nin segunda categoría”, proclamou o presidente provincial. 

Manuel Baltar definiu Ourense como "unha terra de emprededores" pola que a súa formación política garantiza seguir "traballando para xerar máis emprego, con especial atención aos autónomos". Os traballadores por conta propia son  unha peza fundamental na economía galega, xa que "seis de cada dez empregos autónomos teñen unha antigüidade superior a cinco anos e no resto de España, menos”. Así, lembrou as propostas incluídas no programa, como a tarifa cero de cota no primeiro ano para autónomos con ingresos inferiores a 12.000 euros anuais ou o compromiso de que a tarifa plana de 50 euros ao mes na Seguridade Social sexa un ano máis que a tarifa que exista en cada momento no territorio español.

Pola súa parte, a cabeza de lista pola provincia, Marisol Díaz, subliñou que a Xunta baixou o IRPF “o imposto que pagamos polo noso traballo, dous veces nesta lexislatura , beneficiando á práctica totalidade dos galegos. 

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S