En Marea aposta por “reequilibrar" Galicia

Acto en marea ,igrexa da Magdalena (Ribadavia)
15-9-16
photo_camera Pérez Bouza, Alexandra Fernández, Ánxeles Cuña y Davide Rodríguez.

A formación explicou en Ribadavia as medidas para "atallar a desigualdade"

A candidatura de En Marea visitou na tarde de onte Ribadavia. Arropada pola voceira da formación no Congreso, Alexandra Fernández, explicaron varios puntos do seu programa que poñen o foco en "salvar a fenda aberta nos últimos oitos entre a Galicia rural e a Galicia urbana". Aspectos que, segundo explicaron, tierían unha especial  aplicación en O Ribeiro. 

No encontro coa veciñanza, na Igrexa da Madalena, participaron os candidatos por Ourense Ánxeles Cuña Boveda, David Rodríguez, Xosé Manuel Pérez Bouza e Brais Fidalgo.
Alexandra Fernández asegurou que a Marea había que "construíla desde agora e tamén despois das eleccións". Sinalou que Feijóo "vaise marcha sendo o presidente da desigualdade", advertindo que En Marea gobernará doutro xeito "a favor da rebeldía social, da igualdadade e da solidaridade para construír unha Galicia mellor e máis xusta".

Mentres, a cabeza de lista por Ourense, Ánxeles Cuña, preguntou por que Ourense figuraba de última en todos os indicadores de riqueza do Estado. Preguntou aos veciños se Ourense era tan pobre como dicían as cifras: "Ourense non é pobre, pero convertérona en pobre polo abandono á que a someteron". Cuña sinalou ademáis que había que reequilibrar a provincia para que non fose unha provincia de terceira".

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S