O 112 xestionou máis de 450 incidencias relacionadas co temporal en Galicia

Imagen del área recreativa de O Inquiao en Arnoia (Foto: Mariño Pinal)
O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia xestionou un total de 456 incidencias relacionadas co temporal de vento e chuvia na Comunidade entre a media noite e as 16.00 horas deste venres.
En total recibíronse no 112 máis de 3.000 chamadas neste período. Moitas das incidencias -182- tiveron que ver coa caída de árbores e ramas. Así mesmo, rexistráronse 66 incidencias relacionadas con auga en estradas, 51 por desprendementos de terra e 17 por caídas de carteis. Tamén se atenderon anegamientos en casas e rúas, problemas eléctricos e derrubas.

Por provincias, en Pontevedra producíronse un total de 254 incidencias, das que 98 foron por caída de árbores e ramas. Na Coruña tiveron lugar 131 incidentes, dos cales 64 foron caídas de árbores; na de Ourense de contabilizaron 49 intervencións e en Lugo houbo 22.

Te puede interesar