SE CELEBRÓ CON NORMALIDAD

La militancia de Anova vota por reeditar coalición con IU

Votando en las consultas sobre las elecciones europeas
photo_camera Votando en las consultas sobre las elecciones europeas

Fue la opción mayoritaria en el referendo para decidir cómo acudir a las elecciones europeas

O referendo no que Anova elixe as súas alianzas para as eleccións europeas celébrase "con normalidade e segundo o previsto" nas case 40 mesas que a formación liderada por Xosé Manuel Beiras habilitou en distintos puntos da xeografía galega, segundo explicou en declaracións a Europa Press a responsable de Organización da xornada, Paula Vázquez.

As tres opcións que poden escoller os militantes son se Anova participa nestes comicios integrada en coalición coa esquerda federal; se conforma coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista das nacións sen estados e con plataformas cívico políticas de esquerda rupturista; ou se, pola contra, non concorre a este proceso electoral.

Estas tres opcións foron propostas no debate previo existente nas distintas asembleas territoriais da formación. Con todo, de aprobarse a segunda opción (coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista das nacións sen estados) tería que ser sometida de novo a decisión de toda a militancia de Anova nun novo referendo.

Ademais, nesta xornada, os militantes de Anova tamén deberán decidir se ratifica o programa da formación para as eleccións europeas aprobado na pasada Convención Nacional.

VOTACIÓN E RECONTO

A Coordinadora Nacional explicou que este domingo, unha vez pechadas as urnas -que se abren ata as 21,00 horas-, realizarase o reconto global, que será público, e os resultados publicaranse na web de Anova.

ÁS mesas repartidas por localidades que van dende Ribadeo (Lugo), pasando polas sete cidades, ata Tui (Pontevedra), únese tamén a posibilidade de voto telemático para os militantes que atope na diáspora.

POSICIONAMENTO DE BEIRAS

O líder da formación, Xosé Manuel Beiras desmarcouse da opción oficial da dirección (a dúas de referendo), que aposta por unha coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista das nacións sen estado e/ou plataformas cívico-políticas de esquerda e rupturistas.

Este posicionamento coincide co do manifesto #NósQueremosAGE, auspiciado por Martiño Noriega, alcalde de Teo e ata fai uns meses número dous da organización - dimitiu por discrepancias coa dirección-. Nel aglutínanse sinaturas como a do deputado autonómico Antón Sánchez e representantes de todas as sensibilidades integradas en Anova -dende membros da FPG ata Movemento pola Base e Encontro Irmandiño-.

Os asinantes deste documento recordan que a posibilidade de realizar unha fronte ampla con forzas soberanistas, plataformas cidadás e a esquerda federal "semeja imposible" nestes momentos, polo que, dadas as opcións que se van someter a referendo o domingo, a única vía de conseguir un acordo similar a AGE é apostar polo pacto con IU.

Ligado a iso, o líder de Anova recorda que se entrevistou "un membro da dirección estatal de IU". Concretamente, foi o secretario de Organización, Miguel Reneses, quen lle garantiu lista propia para Galicia, ao igual que en Cataluña, ademais dun posto de saída para o candidato do "espazo AGE", segundo confirmou a Europa Press o propio dirixente. Beiras sinala na súa carta que a garantía do escano é para o aspirante "Anova, non de EU,", e que nin sequera é necesaria que se "rotule" como AGE esa candidatura.

Ademais, Beiras culpa ao BNG de "obstrucionista", aínda que no ámbito estatal sinala que a conexión entre forzas políticas e plataformas e movementos cívicos "segue sendo un mero desideratum".

POSICIÓN 'OFICIALISTA'

En contraposición, a posición 'oficialista' do núcleo da dirección de Anova -con nomes como Paula Verao, Mario López Rico, Luis Eyré, Cuncha Trigo, ou Francisco Trigo- considera que concorrer con Esquerda Unida "é incompatible co proxecto estratéxico" desta organización.

AO seu xuízo, integrarse na candidatura da esquerda federalista que representa IU, a cambio dun "posto seguro", é a vía "máis afastada dos principios e modelo organizativo de partido-movemento" e, segundo apostila, "impedirá a consolidación de Anova como a organización da esquerda nacionalista do século XXI e para os próximos 30 anos", como foi proclamado na constitución desta organización.

TEXTOS

O referendo que celebrará este domingo Anova-Irmandade Nacionalista aglutinou un total de 10 documentos, cinco dos cales (algúns asinados de forma individual) apostan por que se siga negociando por unha "fronte ampla" e outros catro manifestos, un deles o do voceiro nacional, Xosé Manuel Beiras, defenden a alianza con Esquerda Unida.

Entre eles, tamén hai un texto asinado por catro membros da coordinadora -máximo órgano de decisión entre asembleas- que defende non ir aos comicios do 25 de maio.

Pola súa parte, o manifesto #NósQueremosAGE, que auspiciou o alcalde de Teo, Martiño Noriega, e que se mantén aberto para aglutinar sinaturas de apoio, solicitou decenas de adhesións, segundo aparece na plataforma na que está colgado.

Te puede interesar