Acordo municipal sobre seguridade viaria no IES A Sangriña

A moción presentada polo BNG solicita que se tomen as medidas necesarias, con carácter de urxencia, para garantir a seguridade vial no entorno do IES “A Sangriña” da Guarda. A moción foi aprobada pola unanimidade das forzas políticas do pleno guardés.

Para o BNG o estado da contorna do IES A Sangriña ten especial perigosidade dado que é alí se concentra un gran número de alumnado e persoal laboral que asisten ao mesmo nun horario concreto e que adoita coincidir con horas puntas. Isto supón que sexa un sitio conflictivo no que ao tráfico rodado e peonil se reifre, coa conseguinte falta de seguridade vial.
“Ainda que os problemas de tráfico son inherentes a un centro destas características tamén son predicíbeis po todas as deficiencias que presenta o acceso ao mesmo, así llelo fixemos ao Alcalde e ao concelleiro de tráfico”, comenta Hortensia García, concelleira do BNG.

OBRIgas da administracion
O BNG considera que as administracións públicas teñen a obriga de facer o maior esforzo posíbel para garantir a seguridade de todos os que frecuentam esta contorna, en especial ao alumnado, que na maioría dos casos van a pé.n

Te puede interesar