A aerolínea Etihad Airways de Emiratos Árabes inclúe na súa carta de viños á adega galega Terras Gauda

A adega galega Terras Gauda foi elixida pola aerolínea de Emiratos Árabes Unidos Etihad Airways, para formar parte da súa carta de viños de primeira clase xunto a viños selectos de todo o mundo.

Segundo manifestou a adega, esta compañía aérea, que se caracteriza polo luxo, a exclusividade e un servizo de atención personalizado aos pasaxeiros, agora recomendará estes viños xunto a unha selección de pratos "da mellor gastronomía internacional", da que forman parte chefs recoñecidos.

Etihad Airways conecta a capital de Emiratos Árabes Unidos, Abu Dabi, con cidades de Oriente Medio, Asia, Europa, Australia e América. Precisamente, a adega de O Rosal sinalou que o país asiático é un dos últimos mercados nos que se introduciu.

Te puede interesar