Afectados polas preferentes boicotean o pleno de Soutomaior

Un grupo de afectados polas participacións preferentes, aproximadamente medio centenar, impediron hoxe a realización do pleno do Concello de Soutomaior (Pontevedra), e posteriormente organizaron un apupo para interromperen a actividade da corporación.
O pleno estaba programado para as 8.45 horas, e despois de dez minutos de apupos e berros, o alcalde, Agustín Reguera (PP), decidiu suspender a sesión sen que se rexistrasen incidentes, informaron a Efe fontes dos afectados, que lamentan que non arrancasen 'ningún compromiso' do rexedor.

Membros da plataforma do Baixo Miño foron citados nesta tarde a unha reunión co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a quen afearán as súas acusacións de politización dos colectivos de afectados polas preferentes, avanzou unha das súas portavoces, Miriam Rodríguez.

Te puede interesar