Alexandra Fernández (En Marea): "Temos as portas abertas ao diálogo co PSOE"

Para a voceira de En Marea, un acordo entre o PSOE e Podemos e as confluencias sería o ideal".

A deputada electa de En Marea Alexandra Fernández afirmou este mércores que se "o PSOE quere mirar á esquerda" a súa candidatura estará "coas portas abertas ao diálogo" e que mantén a súa man tendida cara a un pacto de esquerdas.

Fernández manifestou nunha entrevista nos `Almorzos de TVE` recollida por Europa Press, que "o pacto entre PSOE, Unidos Podemos e as confluencias como En Marea, En Comú e Á Valenciana, sería o ideal", pero que o PSOE "non dá visos de querer pactar mirando cara á esquerda".

"Tamén en Galicia queremos que o PSOE mire á esquerda porque tamén temos que chegar a acordos se queremos desaloxar da Xunta a (Alberto) Núñez Feijóo. Agora o PSOE ten que determinar cál é a súa política de pactos", declarou.

Sobre os resultado electorais, Fernández tamén insistiu en que "non existe ningún tipo de vinculación entre o voto nas xerais cun voto municipalista" e destaca o caso do socialista Abel Caballero que exerce como alcalde de Vigo, tras obter "unha maioría absoluta aplastante" nas municipais e non obstante nas pasadas eleccións xerais quedou por detrás de PP e En Marea.

"A evidencia que o voto que se dá ás municipais é un voto a un proxecto municipalista, un voto a un equipo de traballo, a un proceso, e non se pode mesturar uns comicios con outros", declarou.

Te puede interesar