ENFRENTAMIENTO ENTRE CLANES

Caballero apela á unidade para garantir a seguridade nos mercadillos

git
photo_camera Tensión entre gitanos en el mercadillo de Coia.

O rexidor olívico apuntou que o subdelegado en Pontevedra, Antonio Coello, ten todo o seu apoio nas decisións que está a tomar e abundou en que "é bo que os delincuentes saiban que nisto estamos todos xuntos".

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, apelou hoxe á unidade dos distintos concellos implicados para garantir a seguridade nos mercadillos tralos conflitos protagonizados polos clans xitanos dos "morones" e os "zamoranos".

O rexedor vigués manifestou nunha conferencia de prensa a importancia de transmitir unha mensaxe de unidade para que os responsables dos enfrontamentos "perdan a esperanza de que isto se vai resolver pola vía das divisións internas".

Por iso, considera "un bo sistema" que a Subdelegación do Goberno en Pontevedra convoque aos municipios implicados para fixar "unha posición común" porque "o principal", dixo, "é a seguridade dos cidadáns".

Caballero apuntou que o subdelegado en Pontevedra, Antonio Coello, ten todo o seu apoio nas decisións que está a tomar e abundou en que "é bo que os delincuentes saiban que nisto estamos todos xuntos".

Polo demáis, lembrou que os mercadillos de Bouzas e Coia, en Vigo, non se celebrarán ata que se dean "todas as garantías de seguridade".

Te puede interesar