O líder nacionalista reclamou un respaldo masivo para o BNG ‘como carbón para a locomotora’

Anxo Quintana: ‘Xogámonos facer realidade o gran soño ou entregar o Goberno ó PPdeG’

Anxo Quintana durente el cierre de campaña. (Foto: Rosa Veiga)
O candidato nacionalista á Presidencia da Xunta, Anxo Quintana, pechou onte pola noite a carreira hacia as urnas no pabellón de As Travesas de Vigo, abarrotado por unhos 6.000 militantes e simpatizantes, e con persencia de Xosé Manuel Beiras, ausente durante toda a campaña, pero que acudiu a respaldar ó candidato.
O candidato nacionalista á Presidencia da Xunta, Anxo Quintana, pechou onte pola noite a carreira cara ás urnas no Pavillón das Travesas de Vigo, abarrotado por uns 6.000 militantes e simpatizantes, ante os que proclamou que ‘non se chegou ata aquí para parar’, polo que pediu o ‘voto masivo’ o próximo 1 de marzo, coma se fose cada apoio fose o ‘carbón’ dunha ‘locomotora’, que é a BNG.

Con contundencia, Anxo Quintana reclamou o apoio dos galegos ‘nacionalistas, galeguistas e progresistas’ para culminar o que en tres anos e medio non se puido finalizar, xa que ‘ninguén pode pensar cabalmente que en 45 meses se puidesen remover as políticas sociais, mediáticas, culturais, económicas e sociais de 50 anos de goberno da dereita’.

‘Queremos construír en Galicia o país mellor do mundo, non chegamos ata aquí para parar’, exclamou ante un público volcado co candidato, quen asegurou que a súa ‘ilusión e a do BNG é ser capaces de conseguir o tempo suficiente para que unha xeración de galegos se faga adulta nun país de liberdade e orgullosa de selo’.

O candidato nacionalista retomou a xestión levada a cabo polo BNG na Xunta, destacou as políticas realizadas en cada un dos cinco departamentos xestionados polo Bloque e reclamou o apoio para culminar o proceso ‘transformador’. Por iso erixiu a formación na ‘locomotora’ do cambio, emulando a Basilio Alvarez, e de aí que reclamase ‘máis carbón’ en forma de votos o próximo domingo electoral.

As palabras do cabeza de cartel nacionalista, ás veces ocultas polas diversas ovacións recibidas nas Travesas, dirixíronse de novo aos que ‘aman a Galicia por riba de todo’. A eles, explicoulles por última vez nesta campaña, que son os comicios galegos os que se ‘xogan’ o domingo e hai que, polo tanto, ‘apoiar á formación propia do país’.

A cambio, prometeu ‘esforzo e traballo’ para que Galicia ‘sexa respectada no Estado, en Europa e no mundo’. ‘Estades ante decenas de persoas que gastaron boa parte da súa vida e xuventude’ para ter unha forza política propia e agora ‘é a batalla definitiva, ¡a máis importante!’, asegurou.

‘Pido que pechemos os dentes e que trinquemos os dentes’ porque agora ‘ninguén pode fallar’, constatou e advertiu de que o Partido Popular, ao que chamou ‘Partido dos Poderosos, o que quere ‘é ocupar o sillón de San Caetano’ para que ‘gobernen os catro de sempre’ dende os seus despachos’.

‘O domingo xogamos darlle continuidade a este gran sono ou entregarlle o Goberno a aqueles que non cren no país’, sentenciou e alguén dende o público lle acompañou cun ‘iso nunca’. ‘O PP só ten unha obsesión, que o BNG non goberne,’, subliñou e engadiu que para o BNG, como para Charles Chaplin, a política é ‘liberdade’.

Soou a Rianxeira e os cabezas de lista -Teresa Táboas, Fernando Blanco, Alfredo Suárez Canale a número dous pola Coruña, Ana Pontón; xunto con Carme Adán e Henrique Viéitez, remataron abrazados no centro do escenario cuadrilátero e coreando ‘ondiñas veñen, ondiñas veñen e van’. Tamén berros de ‘presidente, presidente’ adornaron o mitin en varias ocasións.

A xente acompañou nos cánticos e ondeando as bandeiras nun mitin de peche para o que quedou pequeno o escenario. Esta circunstancia reflectiuna na súa intervención o tenente de alcalde da cidade, Santi Domínguez: ‘Sen autobuses de León e sen Ruiz Gallardón, o BNG enche este pavillón’.

Pola súa banda, a cabeza de lista por Pontevedra, Teresa Táboas, pediu o voto e reclamou ‘por cada infamia, dez votos; por cada calumnia, cen votos; por cada mentira, mil votos; e por cada ofensa á lingua galega, 10.000 votos’. A candidata pola bisbarra, Carme Adán, reclamou o apoio por unha Galicia ‘con futuro’; mentres que Henrique Viéitez, destacou que o BNG construíu país ‘dende abaixo e sen ataduras’.


’Non somos iguais, nós non o faremos’ Precisamente, cos populares mostrouse moi duro pola súa campaña ‘de difamación e mentira’. Neste sentido, rexeitou as desculpas ‘cínicas’ do seu rival do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a quen lle instou a que ás ‘gardase’ por ser el quen ‘organizou a cazaría e acendeu os mistos da campaña sucia e da difamación e mentira’ contra o BNG.

Ante as críticas do PP, Quintana afirmou que ‘non coñecen ao BNG’ os que as fixeron. ‘Quizais alguén pensaba que atacando ao BNG coa mentira e a difamación podía romper a ilusión’, ironizou e avisou de que estaban errados. ‘Nunca máis Partido Popular e sempre BNG’, exhortou, e todo o auditorio lle secundou na súa proclama espertando o espírito do Prestige ao que en varias ocasións chamou Quintana na súa campaña para ‘castigar nas urnas’ ao PPdeG pola súa campaña ‘sucia e de mentira’, como ‘mentiu’ en coa xestión da catástrofe en 2002.

‘Pode estar vostede tranquilo, señor Feijóo: non somos iguais. Nin eu nin o BNG lles desexamos nin lles faremos pasar nunca o que eles nos fixeron pasar a min e a miña familia nesta sucia campaña. Non somos iguais’, dixo o candidato nacionalista ó tempo que anunciou que anunciou que o ‘gran castigo é o da vitoria do BNG nas urnas’.

Te puede interesar