Aparece o cadáver da anciá desaparecida o venres en Palas de Rei (Lugo)

A anciá desaparecida en Palas de Rei (Lugo), de 86 anos de idade, o pasado venres foi atopada sen vida este luns por parte do dispositivo de procura que permaneceu todo o fin de semana peiteando a zona.
Segundo informaron fontes do 112, a muller falecida apareceu sobre as 16.58 horas deste luns e foi atopada no lugar da Veiga, en Sa, por uns veciños que deron o aviso.

O dispositivo estaba conformado por efectivos da Garda Civil e de Protección Civil de Pas, e este luns incorporáronse, tamén, membros do Grumir de Monterroso. Tamén participaban numerosos veciños.

Te puede interesar