poboación

Aumentan en 4.500 o número de persoas que viven soas en Galicia

A mesma estatística recolle que o 47 por cento dos mozos entre 25 e 34 anos viven cos seus pais

As persoas que viven soas aumentaron en 2018 en 4.500 ata as 278.600 en Galicia, segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

De feito, o incremento no último lustro de persoas que viven soas na Comunidade é de 27.900, xa que en 2013 a cifra total estaba en 250.700.

Os fogares nos que viven dúas persoas son os maioritarios en Galicia, o 31,1%, seguidos dos unipersonais (o 25,7%). Nun 22,2% dos fogares viven tres persoas, mentres que hai catro no 15,2%. Finalmente, as vivendas con cinco ou máis persoas son o 5,8%.

Pola súa banda, o tamaño medio do fogar galego é de 2,47 persoas, lixeiramente por baixo da media española, que se sitúa en 2,5 persoas.

Así mesmo, nesta estatística recóllese que o 47 por cento dos mozos entre 25 e 34 anos en Galicia, 143.700 dun total de 271.400, viven cos seus pais.

Te puede interesar