Beiras di agora que Resistencia caiu na 'mística do heroísmo'

O voceiro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, afirmou estar 'acostumado' a que 'sistematicamente' se produzan 'deturpaciones' das súas declaracións e, preguntado ao respecto destas, insistiu en que, ao seu xuízo, os membros de Resistencia Galega encarcerados constitúen 'un chibo expiatorio' para o sistema, que pretende xerar 'unha espiral de violencia' na sociedade porque 'interesa'.
Dos condenados de Resistencia, suxeriu que son 'idealistas' que xa na adolescencia pensan que 'non hai nada que facer', porque 'están pechando todos os canales democráticos', e 'caen na mística do heroísmo' e fan un artefacto caseiro que poñen nun caixeiro, unha acción que -dixo- AGE rechaza.

Neste punto, Xosé Manuel Beiras realizou unha digresión sobre cómo o sistema produce 'mitos' e puxo como exemplo a película 'Rambo', de forma que este personaxe non parece 'unha besta', e referiuse en contraposición á percepción negativa que cando el era pequeno se trasladaba aos mozos sobre o maqui. En concreto, falou de 'Foucellas' quen era denominado 'terrorista'.

'Logo o terror estaba no poder. Era un resistente', subliñou e, neste sentido, aludiu aos mozos que, aínda que non viviron o Franquismo, con 20 anos de idade na década dos 90 ou en 2000, 'están a recibir a historia de como se mentiu'.

Te puede interesar