O BNG destaca a “vixencia" do pensamento de Castelao

photo_camera Vence, a dereita, no acto de Rianxo (LAVANDEIRA JR.)

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, considerou que o pensamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao segue "plenamente vixente" nunha Galicia que "sofre políticas impostas" dende fóra" que "provocan a ruína" e "atacan o autogoberno". Manifestouno onte nun acto celebrado en Rianxo (A Coruña) en homenaxe Castelao, no que asegurou que o "ciclo electoral" que se abre en 2015 é a "oportunidade" para "pasar páxina destas políticas do Partido Popular que destrúen" a capacidade produtiva e o benestar social "ata un punto insoportable".

Durante o seu discurso ante o busto do considerado pai do nacionalismo galego, Vence destacou que o BNG ese ciclo electoral inclúe tamén os comicios autonómicos de 2016. "Este ano temos eleccións municipais e xerais, o ano próximo as autonómicas e temos moi en mente o ciclo completo porque para o Bloque as tres citas son cruciais", manifestou. Neste sentido, subliñou que a súa formación encara ese ciclo co obxectivo de liderar a derrota do PP logrando un avance do nacionalismo.

Te puede interesar