PIDE PARAR A SÚA CONSTRUCCIÓN

O BNG estima que Gaiás ten un custo diario de 27.000 euros e pide parar a súa construción

Avalía pedir "unha auditoría a fondo" da Fundación Gaiás a conincre e sobre o destino dos recursos para apoiar a cultura galega.

O BNG calcula, tomando como base os presupostos anuais da Xunta, que cada día que segue aberta a Cidade da Cultura consume "algo máis de 27.000 euros" que non se destinan a "apoiar" á cultura galega senón "á de fóra" e a tamén "empresas que non teñen a súa sede social" en Galicia.

Estas afirmacións, en rolda de prensa, correspóndense cos datos que o propio Goberno galego lle facilitou sobre "parte" dos contratos do complexo cultural do Monte Gaiás en 2011 e 2012. A xeito de exemplo, recordou que se financiou con 215.000 euros ao Circo do Sol e con 500.000 o concerto de Björk.

Na mesma liña, referiu "modificados de obras" por un valor superior aos sete millóns de euros e que a exposición Gallaecia Petrea, malia a "información contraditoria" da Xunta, tivo un custo de 1,1 millóns. Neste punto, referiu que un dos seus maiores contratos -e que non foi entregado- foi o de montaxe e transporte, que realizou unha empresa "con sede" en Madrid".

Así as cousas, a nacionalista anunciou que pedirá toda a información relativa aos contratos e facturas da Cidade da Cultura dende a súa apertura; así como o acordo polo que a Xunta decidiu paralizar a construción dos edificios que faltan.

PARALIZACIÓN DA CDC

Se ben Ana Pontón defendeu que se bote o freo na súa construción, o que reclamou é "coñecer a fondo cáles son as condicións" deste pacto da Xunta coas empresas adxudicatarias das obras.

"Hai que avaliar se a compensación que lles dá Feijóo é superior realmente ao custo da monetarización das indemnizacións previstas", engadiu, e preguntouse se se poden erixir no Monte Gaiás edificios sen relación co mundo cultural.

Así mesmo, apuntou que tamén quere saber se "é legal", por exemplo, a cláusula que dá "privilexios" a esas empresas fronte a outras en caso de que, no futuro, se retome a construción do Centro da Música das Artes Escénicas e o Centro de Arte Internacional.

E é que, como remarcou, "ningunha empresa é unha ONG" e "ninguén dá duros por pesetas". "Hai demasiadas zonas escuras nun acordo que merece toda a transparencia e non seguir con esa política errática que caracterizou dende o inicio todo o relativo á CdC", incidiu.

Por todo, a deputada do Bloque indicou que o seu grupo "non descarta" pedir "unha auditoría a fondo" ao consello de contas tanto da Fundación Cidade da Cultura como do destino dos recursos con que conta a Xunta para prestar apoio á cultura galega.

Te puede interesar