Bombeiros denuncian que o operativo contra o incendio foi "un caos" e tivo "graves deficiencias"

A mobilización de medios en Fandicosta "foi inapropiada", se dilataron os tempos de resposta "de xeito innecesario" e houbo "carencias" según informan a plataforma de Bombeiros.

A Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia denunciou que no operativo disposto para apagar o incendio declarado na empresa Fandicosta, en Moaña (Pontevedra), houbo "graves deficiencias protocolarias" na xestión dos corpos de emerxencias, o que vincula "a total e absoluta falta de regulación do sistema de emerxencias" en Galicia.

Así, asegurou que, ao igual que en sinistros anteriores como o accidente ferroviario de Angrois ou o incendio da nave de xeados en Brion, a mobilización de medios en Fandicosta "foi inapropiada", se dilataron os tempos de resposta "de xeito innecesario" e houbo "carencias".

Segundo denuncia, a pesar de que os servizos de emerxencias tanto de Vigo coma de Pontevedra se puxeron en contacto co 112 para ofrecer a súa colaboración, dende a central notificóuselles que non era necesario xa que había "outros medios mobilizados". Non obstante, cando o incendio levaba unhas catro horas activo solicitóuselles que asistisen o operativo.

En relación a iso, o colectivo sinalou que aínda que non pon en dúbida "o bo facer" dos bombeiros do Consorcio provincial, hai que ter en conta que "o nivel de dotación humana e material dos parques municipais é moi superior -30 Bombeiros en Vigo e Pontevedra, fronte a 9 do Consorcio de Pontevedra-" e atópanse a unha distancia "aceptable" de Fandicosta.

Finalmente, recalcou que o operativo foi "un caos" pola ausencia dun posto de mando cun profesional que exercese como mando único para coordinar e dirixir o dispositivo, no que cada servizo se tivo que organizar "ao libre albedrío". Por iso, a plataforma reclamou crear un marco legal para regular o funcionamento dos servizos de emerxencias.

Te puede interesar