Canedo (UPyD) pide investigar a fondo contratos da Eulen, 'caia quen caer'

O candidato á Xunta por UPyD, José Canedo, esixiu hoxe que se investiguen a fondo, 'caia quen caer', os contratos da Eulen, empresa en que a irmá do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, é apoderada.
Canedo recalcou que o da Eulen é 'un exemplo máis' do 'contaminado' que está a 'estrutura política' actual, da 'falta de transparencia' nas contratacións e do 'tráfico de influencias e do clientelismo', informou unha nota remitida polo partido.

Segundo o candidato de UPyD, as 'irregularidades' e os 'casos de corrupción' que se suceden 'cada día' 'salpican todos os estamentos'.

I)ncidiu en que España está inmersa nunha 'grave crise', non só económica, mais tamén política e institucional, 'e non se pode saír dela sen saír das outras', argumentou.

Canedo denunciou a mensaxe de 'todos son iguais' e criticou o pensamento do 'malo coñecido' para previr do voto 'quen nos levaron até aquí'.

Te puede interesar