Carmen Santos descarta ser candidata á Xunta

Este domingo avalará a unha aspirante ás primarias de Podemos

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, descarta ser candidata á Presidencia da Xunta e, de feito, este domingo fará público o seu respaldo a unha compañeira de filas que se presentará ás primarias internas da súa formación para designar o aspirante a residente en Monte Pío.

Diso deron conta a Europa Press fontes próximas á líder en Galicia da formación morada, que concretaron que Santos estarán este domingo ás 12,00 horas presentando a lista de `Un mar de xente Podemos` en Casa Felisa, onde tamén explicitará a súa aposta por unha muller como cabeza de cartel.

Farao dous días despois de que Luís Villares fixese oficial a súa decisión de concorrer ás primarias de En Marea e no medio das críticas dos alcaldes das mareas a Podemos por non participar no proceso interno convocado no seo do partido instrumental.

Te puede interesar