O catedrático da USC Felipe Casanueva, novo presidente da Sociedade Española para o Estudio da Obesidade

O director científico do Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatoloxía da Obesidade e a Nutrición (CIBERobn), presidente da Sociedade Internacional de Endocrinoloxía (Ise), xefe do Servizo de Endocrinología e Nutrición do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e catedrático de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Felipe Casanueva, foi elixido novo presidente da Sociedade Española para o Estudio da Obesidade (Seedo).
O nomeamento estaba previsto para esta tarde durante a clausura en Barcelona dos seus X Congreso Nacional. O doutor e catedrático Casanueva sucedeu nas súas funcións ao endocrinólogo catalán Xavier Formiguera Sala, que ocupaba a presidencia da Seedo dende 2007.

O director científico do CIBERobn convértese agora na primeira cabeza visible dunha agrupación que busca ser o punto de encontro e referencia para todos os profesionais -clínicos e básicos- relacionados co problema da obesidade en España.

A Seedo persegue dar a coñecer os avances científicos que se xeran nesta materia e que teñen repercusión directa sobre o conxunto da poboación.

Te puede interesar