O centenario 'A Nosa Terra' deixa de editarse en formato papel

O semanario 'A Nosa Terra', que iniciou a súa andadura na Coruña en agosto de 1907, deixa de publicarse en papel aínda que manterá a edición dixital. A súa editora, Promocións Culturais Galegas, presentou un concurso de acreedores (antiga suspensión de pagos) para afrontar a súa falta de liquiedez. Ademais da crise que sofre o sector da prensa, os responsables de 'A Nosa Terra' culpan á actual Xunta da situación á que chegou o semanario. Aseguran que as axudas ás prensa en galego reducíronse ao mínimo, xa que 'agora repártense para todos 63.000 euros cando o ano pasado nós recibimos 55.000'.
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama ao grupo San José, propietario de 'A Nosa Terra', o mantemento do máximo número posible de postos de traballo neste medio. O SXG critica que a empresa anunciase na prensa a paralización temporal desta centenaria publicación sen presentar ningún plan de viabilidade. Ademais, o SXG asegura que a empresa acumula continuos atrasos nos pagamentos dos salarios, que neste intre suman dúas mensualidades.

Te puede interesar