Cogave protesta pola suba de prezos en gardarías e comedores escolares

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais (Cogave) protestou hoxe pola suba de prezos 'superior a 20%' en escolas infantís e servizo de comedor anunciada pola Xunta, porque dificultará 'enormemente' a 'conciliación familiar' e a 'emancipación' dos mozos.

Nun comunicado asinado polo presidente da Cogave, Jesús Vázquez, o colectivo concreta que este incremento de prezos afectará aos fogares que ingresen máis de 1.200 euros ao mes, polo que incluirá 'a práctica totalidade das familias' galegas.

De acordo coa Federación Veciñal 'Eduardo Chao', de Vigo, a Cogave propón conxelar as taxas, como mínimo, durante os dous próximos cursos, para aliviar a situación das familias, e realizar posteriormente, se for necesaria, 'unha actualización progresiva' dos prezos.

En consonancia coa federación viguesa, a Cogave sostén que 'se ten que haber recortes, deberían aplicarse no gasto improdutivo, como é a propaganda, mais non en servizos tan básicos como as escolas infantís'.

Te puede interesar