Os conselleiros de Novagalicia Banco cobraron un millón de euros en 2012

Os sete conselleiros de Novagalicia Banco cobraron en 2012 un total dun millón de euros, dos que 577.000 corresponderon a retribucións fixas e 423.000 euros a axudas de custo, o que supón case un cinco por cento máis que no exercicio precedente.
Segundo recolle o informe anual do goberno corporativo que a entidade, controlada ao 100 por cen polo Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), presentou hoxe ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), as retribucións do seu equipo directivo sumaron 2,1 millóns, cun incremento do 25 por cento.

Desde que a entidade galega pasou a estar controlada polo FROB o soldo dos seus directivos, do mesmo xeito que o do resto da banca nacionalizada, non pode superar os 300.000 euros.

Te puede interesar