¿Quiénes son los miembros del Gobierno gallego?

Los conselleiros, uno a uno

Currículo de las personas que conforman el
Ejecutivo de Feijóo
Santiago, 2 de decembro de 2012.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou, no día de hoxe, o decreto de estrutura do Goberno galego, o cese dos conselleiros e o nomeamento dos novos membros do Executivo. Da nova estrutura despréndese que o presidente da Xunta mantén Galicia como a Comunidade Histórica co goberno máis reducido e nomea vicepresidente a Alfonso Rueda.

A estructura da Xunta queda conformada do seguinte xeito:

1-. Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Alfonso Rueda Valenzuela

2-. Conselleira de Facenda. Elena Muñoz Fonteriz

3-. Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Agustín Hernández Fernández de Rojas

4-. Conselleiro de Economía e Industria. Francisco Conde López

5-. Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Jesús Vázquez Abad

6-. Conselleira de Sanidade. Rocío Mosquera Álvarez

7-. Conselleira de Traballo e Benestar. Beatriz Mato Otero

8-. Conselleira do Medio Rural e do Mar. Rosa Quintana Carballo


(XÚNTASE OS CURRÍCOLOS DAS NOVAS CONSELLEIRAS E CONSELLEIROS)





VICEPRESIDENTE E CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA. ALFONSO RUEDA VALENZUELA

Naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.

- Foi secretario nos Concellos de Cervantes, A Cañiza, e Cambados

- Secretario-Interventor da Mancomunidade de Paradanta

- Xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

- Director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia

- É secretario xeral do PPdeG

CONSELLEIRA DE FACENDA. ELENA MUÑOZ FONTERIZ

Naceu no ano 1972. Está casada e con dous fillos. Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo, especialidade Economía Pública. Diploma de directivo. Corpo Superior da Administración Xeral. Escala Superior de Finanzas

- Foi xefa de Servizo de Fiscalización e Contabilidade da Intervención Delegada da Consellería de Pesca,

- Xefa de Servizo de Control Financeiro de Operacións Correntes

- Subdirectora xeral de Control Financeiro Ordinario na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS. AGUSTÍN HERNÁNDEZ FERNÁNDEZ DE ROJAS

Naceu no ano 1961, está casado e ten tres fillos. É enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade Politécnica de Madrid, na especialidade en Cimentos e Estruturas. Funcionario do Corpo facultativo Superior da Xunta de Galicia e diploma de Directivo da Escola Galega de Administración Pública.

- Desempeñou diversas funcións técnicas na empresa CUBERTAS E MZOV, S.A. como Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e como Subxefe do Departamento nº 3 en Pontevedra

- Enxeñeiro en funcións facultativas na Xunta de Galicia, contratado laboral

- Xefe de Servizo de Construción da Subdirección Xeral de Infraestruturas Hidráulicas da Xunta de Galicia

- Subdirector Xeral de Infraestruturas Hidráulicas

- Xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico do Organismo Autónomo Augas de Galicia

- Director Xeral de Obras Públicas da Xunta

- Director de Construción de Sercoysa Proxectos e Obras, S.A.

- Director de Desenvolvemento do Grupo Puentes

- Director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra

CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA. FRANCISCO CONDE LÓPEZ


Naceu en Monforte de Lemos en 1968. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola mesma universidade. Foi profesor da Universidade CEU San Pablo entre 1995 e 2009, onde ocupou diferentes responsabilidades:

- Director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman

- Secretario do Instituto de Estudos Europeos

- Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de 2002 a 2004

- Director de Relacións Internacionais de 2004 a 2005

- Vicerreitor de Relacións Internacionais de 2005 a 2009

- Asesor do presidente da Xunta de Galicia de 2009 a 2012

CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. JESÚS VÁZQUEZ ABAD

Naceu no ano 1967. Estudou Ciencias Económicas e Empresarias na Universidade de Santiago e doutorouse en Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de Vigo.

- Profesor tutor da UNED en Ourense

- Ex–decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense

-Foi deputado no Congreso dos Deputados e Portavoz Nacional do PP de
Universidades

-Realizou actividade investigadora; traballos científicos; libros e monografías; así
como diversas comunicacións e ponencias presentadas en Congresos. Impartiu
cursos e seminarios en diversas Universidades

CONSELLEIRA DE SANIDADE. ROCIO MOSQUERA ALVAREZ

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, é especialista en Cirurxía Xeral e do aparello dixestivo, formada no Hospital Xeral de Galicia

- Foi directora de Atención Primaria de Saúde da Área Sanitaria de Santiago

- Xefa do Servizo de Inspección Sanitaria da Secretaria Xeral de Sanidade

- Subdirectora xeral de Atención Especializada do Servizo Galego de Saúde

- Asesora da Dirección Xeral de Saúde Pública

- Xerente do Hospital Nuestra Señora de la Esperanza

- Consultora con Smart Solutions e coa empresa IDC SA; auditora do Plan de Minimización de Riscos Microbiolóxicos dos hospitais de Galicia e secretaria da Comisión de Acreditación Hospitalaria de Galicia

- Xerente do Servizo Galego de Saúde



CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR. BEATRIZ MATO OTERO.

Naceu no ano 1965. É enxeñeira industrial con especialidade en Organización Empresarial, na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao. Ten o master de dirección e administración de empresas MBA por la Escuela de Negocios MBA homologado pola Universidade de A Coruña

- Técnico de Sistemas na multinacional IBM

- Técnico Comercial da multinacional RANK XEROX ESPAÑA S.A.

- Técnico do departamento de calidade na empresa de enxeñería NORCONTROL S.A.

- Formou parte do IGAPE, Instituto Galego de Promoción Económica, ente público adscrito á Consellería de Economía e Facenda

- Puxo en marcha a Unidade de Información empresarial, adscrita á Dirección Xeral Axunta do IGAPE

- Foi delegada da Oficina Territorial do Igape na Coruña

- Foi delegada Provincial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña

- Como deputada no Parlamento de Galicia, na VII Lexislatura ocupou a Portavocía de Traballo

CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR. ROSA QUINTANA CARBALLO

Naceu no ano 1959. É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Bioloxía coa tese “Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado”

- Comeza a traballar como funcionaria na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura como Inspectora Pesqueira

- Ocupa o posto de Xefa de Sección de Inspección Pesqueira

- Nomeada Xefa de Servizo de Marisqueo

-Ocupa o posto de Delegada Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo

- Nomeada Directora Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos

- Desde a súa licenciatura ata a actualidade participou como poñente en diversos cursos relacionados co mundo da pesca e publicou distintos traballos, tamén relacionados coa pesca, o marisqueo e a acuicultura

- No ano 2007, participou como experta da U.E. na celebración de seminarios sobre lexislación alimentaria na U.E. para produtos da pesca e a acuicultura en Puerto Varas Chile

Te puede interesar