Controis sanitarios nas praias galegas

Case que a práctica totalidade das zonas de baño marítimas e continentais habilitadas como tales en Galicia teñen as súas augas en boas condicións hixiénico-sanitarias para o baño, segundo se desprende dos datos obtidos polo control previo ao inicio da tem porada, realizado nas tres últimas semanas de maio polos técnicos do Programa Galego de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño. O censo oficial das zonas de baño de Galicia inclúe un total de 491 zonas de baño.
O censo das zonas de baño inclúe un total de 491 zonas de baño, con 512 puntos de mostraxe O Programa Galego de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño. o desenvolve a Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, coa fin de paliar os riscos que para a saúde dos seus usuarios e usuarias pode ter o uso recreativo das augas de baño. Ao longo deste días, o departamento que dirixe María José Rubio Vidal xa está a realizar os muestreos correspondentes ao primeiro dos oitos controis que se van facer durante todo o verán.

Preto de 500 zonas de baño O censo oficial das zonas de baño de Galicia, informado pola Consellería de Sanidade para a presente temporada, inclúe un total de 491 zonas de baño, con 512 puntos de mostraxe. As zonas de baño censadas, desglosadas por provincias, son 230 na de A Coruña (220 marítimas e 10 continentais ou fluviais); na de Lugo 54 (45 marítimas e 9 continentais); na de Ourense 19, todas elas continentais; e, por último, 188 na de Pontevedra (176 marítimas e 12 continentais).

Xa son controladas

Segundo estas cifras, Galicia é unha das primeiras Comunidades Autónomas do Estado no número de zonas de baño controladas, tanto marítimas como continentais. Aínda que a temporada de baño oficial vai do 1 de xuño ao 30 de setembro, dentro do Programa Galego de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño, contrólanse estas zonas de baño dende mediados deste mes de maio e ata finais de setembro, con controis de calidade microbiolóxica das augas, que se farán de acordo co calendario de control establecido. En total efectuaranse oito controis, programados en cada punto de mostraxe pertencente ás zonas de baño censadas. A recollida de mostras realízase por parte dos farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade. Ao longo da temporada a Consellería de Sanidade da Xunta da a coñecer os datos de cualificación microbiolóxica destas zonas censadas, tanto á cidadanía en xeral como ás administracións implicadas na xestión das zonas de baño, a través da súa páxina web www.sergas.es ou www.galiciasaude.es.

Finalizada a temporada de baño, o departamento que dirixe María José Rubio Vidal remitirá un informe ao Ministerio de Sanidade e Consumo, coa cualificación sanitaria final en cada punto de mostraxe, obtida tomando como base os datos recollidos ao longo da temporada, e segundo os criterios propostos polo antedito ministerio e a correspondente directiva da Unión Europea.


Te puede interesar