Cortizo prevé cesar de delegado do Goberno en Galicia o próximo 14 de outubro

O delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, avanzou que o próximo 14 de outubro podería cesar como máximo representante do Executivo central na comunidade autónoma galega pola súa presenza nas listas do PSdeG ao Congreso.
Nunha visita institucional ás instalacións do Corpo Nacional de Policía en Lonzas, Cortizo recoñeceu que esta podería ser a sua 'primeira e última visita' ás citadas dependencias, tendo en conta a proximidade das eleccións xerais e a súa presenza nas listas ao Congreso pola provincia da Coruña, como número dous da candidatura.

Acompañado polo xefe superior de Policía de Galicia, Luis García Mañá, Cortizo realizou un percorrido polas instalacións policiais en Lonzas, onde visitou o museo do Corpo Nacional de Policía e tamén os laboratorios científicos. Así mesmo, aproveitou para analizar a posible substitución dalgúns vehículos policiais.

Te puede interesar