Davila (BNG) pide a Fomento que aclare os seus plans sobre as autovías A-59 e A-57

Foto: Archivo
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa na que pide ao Ministerio de Fomento que aclare cáles son as previsións sobre as autovías A-59 e A-57, dúas infraestruturas 'de grande interese para Pontevedra'.
A nacionalista diríxese a Fomento para sinalar que fai un ano que transcendeu que o Goberno estatal aprobara, de forma provisional, e sometido a información pública todo o trazado da a-59 entre Pontevedra e Vigo. 'A idea é que se trate dunha autovía libre de peaxe, unha alternativa á ponte de Rande, que si é de pagamento,', indicou.

Sobre a A-57, Davila expuxo que 'as perspectivas non parecen moi prometedoras a curto e medio prazo', dado que 'parece que ía sufrir un atraso' na súa realización'. Por iso, reclamou o ministerio que explique cáles son os seus plans ao respecto.

Te puede interesar