Detido un mozo polo asalto frustrado a unha muller nun caixeiro dunha sucursal bancaria en Santiago

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Santiago detiveron a un mozo natural da cidade como presunto autor dun delito de roubo con intimidación en grao de tentativa, polo asalto frustrado a unha muller no caixeiro dunha sucursal bancaria.
Os feitos sucederon o pasado día 20 de xaneiro, cando unha muller procedía a sacar diñeiro dun caixeiro automático, segundo informa a Policía Nacional. Instantes despois un mozo de 24 anos de idade e con aspecto toxicómano achegóuselle cun coitelo na man coa intención de subtraerlle todo o diñeiro que acababa de sacar.

A muller esquivou o delincuente e, cando intentaba meterse no coche no que o seu marido a esperaba, comezou un forcexo co asaltante que rematou coa parella lesionada e o delincuente no chan.

Inmediatamente a parella chamou a Policía. Á chegada dos axentes, minutos despois, o asaltante escapara polas rúas próximas, sinalaron as mesmas fontes. Tras varios intentos para a súa localización, os resultados resultaron negativos, polo que as vítimas denunciaron os feitos á espera do seu total esclarecemento.

Pasados uns días, despois de interpoñer denuncia e despois de varias investigacións levada a cabo polo Grupo I da Brigada de Policía Xudicial, deron co paradoiro do mozo delincuente, procedendo á súa detención.

O mozo, de 24 anos e con varios antecedentes por roubo con forza e por tráfico de drogas, pasou o mércores a disposición xudicial, tras o que o xuíz que instruíu a causa decretou a súa posta en liberdade con cargos.

Te puede interesar