Tres detidos e desmantelado un punto de tráfico de heroína a media escala en Pontecesures (Pontevedra)

Axentes da Comisaría de Santiago de Compostela desenvolveron un operativo policial o pasado martes na localidade de Pontecesures (Pontevedra), onde procederon á detención de tres persoas, ás que se lles imputa a súa participación nun delito de tráfico de drogas.
Segundo explica a Comisaría de Santiago, o operativo é o resultado dunha 'intensa investigación' sobre o tráfico de heroína, levada a cabo en Compostela por parte da Brigada de Policía Xudicial, dende hai varios meses, sobre o abastecemento de diversos 'camelos' que distribuían esta substancia ao menudeo a toxicómanos da nosa cidade.

Este labor permitiu que o pasado día 15 de outubro fose detida en Santiago unha muller á que se interveu 45 gramos de heroína, 12 de cocaína e 290 euros. Así mesmo, o 19 de novembro tamén se arrestou seis persoas, cinco en Boiro e unha en Santiago, ás que interveu máis de 100 gramos de heroína, 175 gramos de hachix, 253 pastillas e outros efectos e máis de 3.500 euros en metálico.

Que as investigacións se continuaron, logrando detectar na localidade de Pontecesures este punto de 'distribución a media escala', no que se abastecían de heroína numerosos camelos, segundo indican as mesmas fontes sanitarias, non só de Santiago de Compostela e a súa área de influencia, senón de diferentes localidades da provincia de Pontevedra.

As cantidades das que se abastecían no lugar os citados 'camelos', oscilaban entre as 100 e 500 doses cada vez, as cales utilizaban tanto para o seu 'autoconsumo', coma para a 'revenda' o menudeo nas localidades onde residen.

Con esta operación policial considérase desmantelado este punto de distribución, tipificado policialmente como 'media escala', por situarse no chanzo intermedio da cadea de distribuidor-consumidor final.

Os imputados por tales feitos son unha individuo de 57 anos e a súa muller de 35 anos, así como un terceiro de 51 anos, todos con antecedentes policiais por outros delitos, e residentes na localidade de Pontecesures, dende onde levaban a cabo a actividade delituosa.

Na citada actuación policial, ademais da súa detención, os axentes incautaron máis dun cuarto de quilo de heroína (285,5 gramos), cantidade abonda para preparar mais de 2.500 doses desta substancia; tamén se comisaron 11,6 gramos de cocaína, numerosa ferramenta e a cantidade de 63.603 euros en efectivo procedentes, presumiblemente, da venda de droga.

Os tres detidos foron postos a disposición do xulgado de garda, que decretou o seu ingreso en prisión.

Te puede interesar