Detidos dous responsábeis dun circo despois de morrer un traballador en accidente

Dúas persoas, donos dun circo en cuxas instalacións faleceu un traballador esta madrugada en Arcade (Pontevedra) ao sufrir un accidente, foron detidas, informaron a EFE fontes da Garda Civil.

(Actualiza a GL3045, ao conter máis datos)Ao primeiro dos apresados, de nacionalidade portuguesa, élle imputado un suposto delito contra os dereitos dos traballadores, xa que o traballador falecido, de nacionalidade senegalesa, non tiña contrato.

Tamén se lle imputa un presunto delito de homicidio imprudente, xa que era el quen manexaba o motor eléctrico co que se move a estrutura do circo, co que morreu golpeado o traballador.

Ao segundo dos detidos, de Ourense, impútaselle un presunto delito contra os dereitos dos traballadores.

O traballador, que participaba esta madrugada en Arcade na montaxe de varias torres, morreu golpeado por unha delas a uns 12 metros de altura.

O suceso ocorreu pasadas as 03.45 horas no porto de Arcade, onde acudiron ademais efectivos da Garda Civil e das Urxencias Sanitarias.

Os bombeiros desprazaron ao lugar un vehículo-escada para rescatar o home, duns 35 anos, que morreu despois do golpe no alto da torre. Tamén rescataron outro home que traballaba na montaxe das torres mais que non sufriu feridas.

Te puede interesar