ACCIDENTE DE TRÁFICO

Dous feridos tras un accidente na localidade lucense de Baleira

Os dous ocupantes do vehículo foron trasladados inconscientes ao hospital

As localidades de Baleira (Lugo) e As Neves (Pontevedra) rexistraron na madrugada deste sábado senllos accidentes, nos que dúas persoas foron trasladadas ao hospital, segundo informou o servizo do 112 Galicia.

O primeiro sucedeu ás 8,40 horas na estrada LU-750 cando un turismo saíu da vía a causa da explosión dunha das súas rodas. Os dous ocupantes perderon a conciencia, polo que o persoal do 112 chamou os servizos sanitarios de urxencias da zona, tras o que quedaban liberadas por descartarse a intervención dun equipo de excarceración.

Así mesmo, unhas horas máis tarde no concello pontevedrés das Neves, un vehículo saíuse da PO-400, debido a que a persoa que o conducía quedou inconsciente. O servizo do 112 Galicia informaron aos bombeiros dos lugares de Ponteareas e Baixo Miño, que acudiron ao lugar do sinistro, estabilizaron o vehículo e cortaron a batería.

FIN DE SEMANA

Xunto a estes casos son xa sete accidentes graves en Galicia no que vai de fin de semana. Tres deles, en Caldas de Reis, Viana do Bolo e Celanova, aconteceron este venres e cobráronse a vida de dúas persoas, ademais dun total de oito feridos.

En Caldas, ademais da persoa falecida, outras cinco recibiron asistencia médica e, en Celanova, tres persoas tiveron que ser trasladas a causa das feridas provocadas por un choque entre dous turismos. Pouco despois, en Viana do Bolo, unha muller perdeu a vida a causa dun accidente de moto.

Así mesmo, durante a noite e de madrugada deste sábado sucedéronse unha cadea de accidentes que deixaron outros feridos en Ordes, San Sadurniño, Betanzos e Lousame.

Te puede interesar