Os edificios de Correos de Galicia súmanse por terceiro ano á 'hora do planeta' este sábado

Os edificios de Correos en Galicia sumaranse, por terceiro ano consecutivo, á campaña 'A hora do planeta', que consiste nun apagamento simbólico mundial durante unha hora. Terá lugar este sábado, entre as 20.30 e as 21.30 horas.
Así, Correos comprométese con esta acción para 'demostrar que é posible unha actuación conxunta contra o cambio climático e a construción dun futuro sostible'.

Concretamente, a empresa postal contribuirá apagando fachadas e letreiros luminosos dos seus principais edificios e fachadas de oficinas, máis de 1.500 dependencias postais en toda España.

Te puede interesar