Empresas do naval e automoción únense para abrirse ao mercado aeronáutico

Oito firmas da construción naval e da automoción conforman a Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica (Udega) presentada hoxe en sociedade en Vigo, cun cadro de persoal de 400 traballadores e unhas previsións de facturación para 2013 de 20 millóns de euros.
O presidente da Udega, Jesús González, explicou que as empresas que a integran, Utingal, Hispamoldes, Matrigalsa, Tromosa, Tune Eureka, Laser Galicia, Europrecis e Demsu, teñen máis de 25 anos de experiencia nos seus respectivos sectores e dispón de recursos humanos e tecnolóxicos 'altamente cualificados'.

É por iso que o investimento inicial previsto se aproxime aos 10 millóns de euros, que poderán ascender a uns 30 millóns nos anos sucesivos se o negocio funcionar, en cuxo caso se prevé xerar entre 100 e 150 novos postos de traballo.

Isto fai que Galicia teña 'un enorme potencial' no mercado español con respecto a outras comunidades autónomas, máxime cando a Udega nace desde 'a unificación de esforzos' e non desde a competitividade entre as súas empresas, nun mercado, o da aeronáutica, 'emerxente' no que a carga de traballo se refire.

González destacou que xa hai estabelecidos contactos con clientes potenciais, sobre todo con instalacións aeronáuticas de próxima ou recente implantación en Portugal (a da brasileira Embraer en Évora) e en Marrocos.

Así mesmo, indicou que a Udega, aínda que nace enfocada ao sector da aeronáutica, non descarta no futuro diversificar a súa actividade aos da alimentación, a electrónica ou o ferroviario.

En principio, a Udega, que terá a súa sede administrativa na sede da patronal do metal -Asime- en Vigo, dedicarase á fabricación de utensilios e pezas en serie dos avións.

Te puede interesar