La enmienda conjunta de Máis Galiza y Encontro Irmandiño no pasa la criba de las comisiones

A emenda conxunta de Máis Galiza e o Encontro Irmandiño non pasou a criba das cinco comisións que se celebraron na tarde deste sábado no recinto feiral de Amio, en Santiago de Compostela, segundo confirmaron distintas fontes nacionalistas.
Deste xeito, o texto que servía de apoio á candidatura liderada por Xosé Manuel Beiras como candidato a voceiro nacional e Carlos Aymerich, como aspirante a ser cabeza de cartel do BNG nas próximas autonómicas, non prospera para o plenario.

En total, segundo fontes nacionalistas consultadas por Europa Press, o resultado das cinco comisións deixou 876 votos en contra da emenda conxunta e 598 votos a favor do texto conxunto presentado pola alternativa que lideran Beiras e Aymerich, e que integra a independentes.

Non obstante, a plataforma que conforma o proxecto pola 'refundación e rexeneración' observan como dato positivo un recorte na distancia entre esta plataforma alternativa á que promove a UPG con respecto ás votacións da mañá deste sábado, cando o informe de xestión obtivo 1.119 votos a favor e 493 en contra.

Novidades

Unha das principais novidades do documento conxunto e que suporía un cambio substancial, era a elección do candidato á Presidencia da Xunta por un sistema de primarias, o cal era proposta de +Galiza nas súas teses.

Outra das propostas radicaba nun cambio para acceder ao máximo órgano de decisión entre asembleas, establecendo que 'para todos os procesos de eleccións internas da organización non será preciso presentar unha lista completa, sendo suficiente un número igual ou maior ao 20 por cento dos postos a cubrir'.

A volta ao asamblearismo, coa supresión do sistema de delegados, é outra das cuestións máis significativas do documento conxunto.

O documento propoñía, entre outras cuestións, dar máis peso ás localidades, de forma que sexan estas as que dean as afiliacións. Iso significaría reducir a bisbarra a un órgano de coordinación e colaboración, eliminando capacidade de dirección.

Te puede interesar