Se desvanecen las posibilidades de que Beiras se presente al Congreso

Beiras y Noriega en una imagen de archivo, durante un acto organizado por Anova
photo_camera Beiras y Noriega en una imagen de archivo, durante un acto organizado por Anova

El alcade de Santiago y corportavoz con Beiras en AGE, Martiño Noriega, admite que el dirigente nacionalista "non está con vontade" de presentarse en diciembre.

O alcalde de Santiago e covoceiro de Anova, Martiño Noriega, ratificou este venres que o histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, "non está con vontade" de encabezar a coalición de Podemos, Esquerda Unida e Anova de cara ás eleccións xerais do 20 de decembro.

A preguntas dos xornalistas, Noriega rexeitou este venres centrarse tanto no "debate nominal" para facelo en que "o proceso chegue a bo porto": "Máis que falar dun debate nominal, e dando por feito que Beiras é bo candidato de calquera cousa [...], o que máis me interesa é que o proceso chegue a bo porto", subliñou.

Nesta mesma liña, o alcalde de Santiago foi cuestionado por se el e Anova poderían estar a premer a Beiras para encabezar esa candidatura e representar a Galicia no Congreso. A este respecto, asegurou que nin el nin Anova o premen: "Eu nunca premín a Beiras durante estes anos e non vai ser agora o momento no que o faga", subliñou o alcalde de Compostela, quen fixo fincapé en que o histórico líder nacionalista "sabe" que el respecta "totalmente" as súas decisións.

Neste sentido, Noriega recalcou que Beiras "leva adoptando decisións en beneficio do colectivo" nestes últimos anos e en detrimento do seu egoísmo persoal". Por iso, mostrou "máximo respecto" ao que el poida decidir.

Con todo, admitiu que Beiras lle gusta como "candidato de calquera cousa". "Pero dentro dos meus defectos está o meu beirismo declarado", apostilou, para logo engadir que respecta ao "Xosé Manuel cidadán" e ás decisións que el poida adoptar.

"ESTEA ONDE ESTEA VAI ACHEGAR"

O que si ten claro o alcalde compostelano é que, "estea onde estea", o histórico dirixente nacionalista "vai achegar ao proceso de construción da unidade popular".

Por todo iso, remarcou que Anova nin "está en posición nin o vai estar" de "premer" a Beiras. "Independentemente das opinións das partes", matizou, xusto antes de confiar en que o seu compañeiro de portavocía en Anova "acabará facendo o que entenda que é mellor para o país e para el".

Noriega pronunciouse deste modo nun día en que a militancia de Esquerda Unida e de Anova referendaron o acordo político subscrito xunto con Podemos, e ao que se sumaron tamén as mareas que gobernan nas cidades -Ferrol en Común, Marea Atlántica e Compostela Aberta-, así como Encontro Cidadá por unha Marea Galega.

Desta forma, os tres partidos teñen vía libre para rexistrar, este venres, último día para facelo, a coalición instrumental para presentarse.
 

Te puede interesar