ELECTRICIDAD | TEMPORAL

¿Actuaron ben as distribuidoras eléctricas fronte as incidencias do temporal?

A Xunta abriu expediente informativo para confirmar que se actuou correctamente ante as incidencias do temporal

A Xunta está avaliando a situación tras os cortes no subministro eléctrico que se produciron en Galicia a causa do temporal dos últimos días para o que abrirá un expediente informativo ás compañías distribuidoras co obxecto de confirmar que os protocolos de traballo seguidos foron os axeitados.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe que seguindo o procedemento habitual “é necesario garantir que as actuacións que se realizaron este fin de semana por parte das compañías eléctricas foron as correctas”. Conde quixo agradecer especialmente o esforzo dos equipos que traballaron durante estes días, “sen incidencias a pesar das duras condicións meteorolóxicas”, para restituír o servizo en fogares e empresas galegas.

Ao mesmo tempo, ademais dos teléfonos de avarías e reclamacións habilitados polas propias compañías, Conde puxo a disposición dos afectados todos os servizos de información e asesoramento dos que dispón o Instituto Galego de Consumo. Neste sentido, achegarase información a todos os usuarios sobre como presentar as reclamacións polo tempo que pasaron sen subministro eléctrico, así como polos posibles danos e prexuízos que os cortes de luz puideron ocasionar nos seus fogares.

Os interesados, ademais de acudir as oficinas de Consumo, poden informarse a través da súa páxina web (https://consumo.xunta.gal) ou no número de teléfono gratuíto 900 231 123.

Te puede interesar