Falece un home ao sufrir unha indisposición mentres paseaba por Porto do Son

O home pediu axuda os servizos sanitarios. Cando chegaron ao lugar dos feitos, atopáronse o home tirado.

Un home faleceu na mañá deste xoves na localidade coruñesa de Porto do Son tras sufrir unha indisposición mentres paseaba por unha pista na parroquia de Xuño, en Cernadas.

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 8,40 horas, cando o home se comezou a sentir mal e telefonou aos servizos de emerxencia para pedir axuda.

Ata a zona foron mobilizados efectivos de Protección Civil, Garda Civil e persoal sanitario do 061 co helicóptero medicalizado con base en Santiago. Non obstante, cando chegaron ao lugar dos feitos, atopáronse o home tirado no chan e non puideron facer nada por salvar a súa vida.

Te puede interesar