Falece en Laracha a condutora dun camión que sufriu un accidente

A condutora dun camión plataforma accidentado na Laracha, faleceu onte tras sufrir unha saída da vía co seu vehículo, por causas que se descoñecen, segundo indicaron fontes do servizo de emerxencias 112. A falecida é M.V.B, de 27 anos, segundo informou a Garda Civil.
Sobre as 10,45 horas o camión conducido pola vítima saíu da vía no lugar de Requesende, na parroquia de Golmar, na Laracha (A Coruña), na estrada que une esta localidade con Cerceda. Ao lugar desprazáronse os bombeiros de Carballo cun equipo de excarceración, que sacaron a muller xa falecida do interior. Tamén estiveron, Protección Civil e Grumir da localidade, e un helicóptero do 112 que regresou á base tras confirmarse o falecemento da muller.

Te puede interesar