SUCESO

Falece unha muller en Ferrol ao precipitarse dende unha fiestra

Aconteceu na rúa Entrerríos e minutos antes das 8:00 horas de hoxe, un particular avisou ao 112 Galicia de que atopara á vítima na rúa.

Unha muller faleceu está mañá na cidade de Ferrol ao precipitarse dende unha fiestra dun cuarto andar, informou o 112.

Aconteceu na rúa Entrerríos e minutos antes das 8:00 horas de hoxe, un particular avisou ao 112 Galicia de que atopara á vítima na rúa.

O Centro de Atención ás Emerxencias alertou decontado a Urxencias Médicas, aínda que finalmente nada se puido facer por salvarlle a vida.

O CAE 112 Galicia tamén puxo os feitos en coñecemento da Policía Nacional.

Te puede interesar