SUCESO

Atopan o corpo dun ciclista nunha estrada do municipio de Cambre

O home de 40 anos, cando chegaron os servicios de emerxencia non puideron facer nada por salvarlle a vida

 

Efectivos das Forzas de Seguridade manteñen aberta unha investigación para esclarecer os feitos que rodean a aparición do corpo dun ciclista nunha estrada do municipio de Cambre, na provincia da Coruña, segundo informan os servizos de emerxencias.

Sobre as 16.48 horas, a Central de Coordinación do 061 e o persoal do CAE 112 Galicia recibiron o aviso dun particular que se atopou cun ciclista tendido na estrada que une Carral con Cambre, concretamente na parroquia de Brexo.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia asistencial, unha medicalizada e persoal sanitario do PAC de Cambre, que confirmaron que se trataba do corpo sen vida dun home, duns 40 anos de idade e identificado coas siglas V.L.L.

A pesar diso, os efectivos desprazados "descoñecen as circunstancias" nas que se produciu a morte do ciclista polo que se pediu a colaboración das forzas da orde, que manteñen aberta unha investigación.

Te puede interesar