O incumplimento do Pacto Local afectará as súas actividades, sinala

A Fegamp avisa da asfixia provocada pola Xunta

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Fernández, denunciou o 'incumprimento' do Pacto Local por parte da Xunta, á que recrimina que non puxera en marcha 'nin un solo avance' case dous anos despois da chegada de Alberto Núñez Feijóo a San Caetano. 'Démoslle unha marxe de manobra porque nos prometeu que poría mans á obra, pero imos descubrindo que non cumpre nada', reprobou, para advertir de que todos os concellos afrontan o ano próximo en situación 'de risco'.
O líder do municipalismo galego concretou que as áreas nas que máis se nota a ralentización do acordo asinado en 2006 son educación, sanidade e traballo. Trátase dos ámbitos nos que 'se avanzara algo', segundo precisou, recordando que o bipartito asumiu os gastos de gasóleo de calefacción dos centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) e que a actual Xunta prometeu asumir a carga do resto dos combustibles. 'Pero non avanzou nada', criticou, tras expoñer que os gastos de limpeza e conserxes seguen aínda en mans dos concellos.

En canto á sanidade, advertiu de que Feijóo 'se comprometeu solemnemente' a afrontar, antes do final deste ano, os gastos de 55 centros de saúde. 'Van 27 e non se dan ningunha présa', recalcou, criticando a 'pasividade' do departamento liderado por Pilar Farjas, para concluír a liña seguida que a súa promesa parece actualmente 'de difícil cumprimento'.

No relativo ao emprego, Carlos Fernández criticou que os concellos se viron 'obrigados' a adiantar ou aprazar o pagamento de 45 millóns de euros para o financiamento dos servizos sociais municipais. 'O ano pasado cobramos en novembro e a conselleira Mato dixo que iso era impresentable e que tiñamos que cobrar en xuño', relatou, para censurar que a Xunta aínda non transferiu os fondos necesarios para pagar a 'traballadores sociais, avogados, psicólogos ou administrativos'.


CONVENIOS

A todo iso se suman, segundo revelou o presidente da Fegamp, 'atrasos' nas tramitacións de convenios que levan consigo que os municipios deban 'adiantar diñeiro'; 'paralización' por parte da Consellería de Presidencia á hora de resolver o mapa das emerxencias e de asumir os custos dos xulgados de paz,.

Entre o 'hartazgo' de esperar a que a situación 'se solucione' e 'o recorte de órdago' que sofre o financiamento local nos presupostos galegos para o ano próximo, o dirixente municipal decidiu reclamar os 'compromisos'. 'Eu sempre tiven un comportamento moi institucional, moita xente non entendía que colaborase tanto cun Goberno do PP', admitiu, e lamentou que as contas de 2011 non inclúan 'nin unha soa' das propostas da Fegamp .

Te puede interesar