XUNTA

Feijóo anuncia unha baixada dos impostos autonómicos

Afectará ao imposto de bens e sucesións e ao imposto de transmisións patrimoniais, ademais dos actos xurídicos documentais

O titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou unha baixada dos impostos autonómicos sobre bens inmobles, que se aprobará este xoves no Consello da Xunta, segundo precisou.

Feijóo realizou este anuncio na entrega dos premios a pequenas e medianas empresas galegas outorgados no marco do III Foro Peme Galicia.

Neles, procedeuse á entrega de galardóns a pequenas e medianas empresas galegas nas categorías de innovación, nova, internacionalización e peme con historia. Entre outros, os galardoados foron Terminais Marítimos de Galicia como mellor peme galega 2015.

REBAIXA DE IMPOSTOS

Feijóo aproveitou este acto para anunciar que, no Consello da Xunta desta semana, o Executivo autonómico aprobará "unha medida de redución dos valores medios dos bens inmobles", precisou sobre os impostos autonómicos en caso de transmisións patrimoniais en vida ou en caso de falecemento.

Sobre este impostos, fontes da Xunta precisaron que se trata do imposto de bens e sucesións e do imposto de transmisións patrimoniais, ademais dos actos xurídicos documentais.

"INCIPIENTE RECUPERACIÓN" DA ECONOMÍA

Da economía española, incidiu nunha "incipiente recuperación" e remarcou que o mes de maio supón "o segundo mellor mes de maio de toda unha serie histórica", engadiu sobre os datos de desemprego en Galicia. Ademais, cifrou nun 2% a previsión de crecemento da economía galega este ano.

Mentres, dixo que a baixada de impostos "é a liña na que" cren e reiterou que o obxectivo do Executivo galego é "facer revisións da política fiscal", apostilou.

Te puede interesar