Feridas catro persoas ao colidir dous vehículos en Vigo

Catro persoas, tres mulleres e un varón, resultaron feridas nunha colisión de dous vehículos rexistrada na noite do martes no termo municipal de Vigo.
O sinistro tivo lugar sobre as 23.23 horas na estrada de Redondela a Peinador, ao final da pista que vai ao aeroporto vigués, segundo os datos facilitados polo 112.

O 061 desprazou ao lugar dous ambulancias asistenciais que trasladaron ao Hospital Fátima aos catro feridos: as mulleres D.B.R., de 78 anos; M.D.T., de 53; e R.N.A.T., de 26 anos, e o varón M.T.B., de 42 anos.

Te puede interesar