Fiscalía pide 9 anos de cárcere para dous mozos que amordazaron e deron unha malleira a unha octoxenaria

A Fiscalía pide 9 anos de prisión para dous mozos que amordazaron e deron unha malleira a unha octoxenaria da localidade pontevedresa Tui para roubalo. O xuízo está sinalado para o martes 22 de maio na Sección Segunda da Audiencia provincial de Pontevedra.
O fiscal relata no seu escrito de acusación que o día 10 de xullo de 2010, sobre as cinco da madrugada, os acusados S.C.N., de 23 anos e de nacionalidade romanesa, e H.F.F.M., de 32 anos, de Colombia, 'actuando de común acordo' entraron nunha casa de Guillarei, no municipio de Tui.

Unha vez alí, iluminándose cun teléfono móbil e un chisqueiro, entraron no cuarto da dona da casa, unha anciá de 83 anos de idade, á que tiraron da cama ao chan, 'a amordazaron e ataron mans e pernas cun anaco da funda do colchón en que durmía e golpearon dándolle patadas na cara e no costado'. Os atracadores revolveron todos os cuartos da planta en busca de diñeiro antes de darse á fuga 'sen chegarse a apoderar de nada'.

A irmá da vítima, de 76 anos e con problemas de mobilidade, durmía no primeiro piso e pola medicación que tomaba non se decatou de nada ata o día seguinte cando a agredida conseguiu chegar ata o cuarto arrastrándose ensanguentada polas escaleiras, aínda cun anaco de tea do colchón atado ao colo. Entre outras lesións tiña dous dentes arrancados, moratones, e cortes.

Os ladróns deixáronse debaixo dunha cama un teléfono móbil e un chisqueiro, que foron claves para dar co seu paradoiro. O acusado H.F.F.M. é actualmente beneficiario dunha tarxeta de residencia de longa duración concedida en 2010 pola subdelegación de Gobierno de Pontevedra. Actualmente ten iniciados trámites para a obtención da nacionalidade.

O fiscal acúsaos de roubo con violencia en grao de tentativa, e un delito de lesións polos que pide nove anos e cinco meses de prisión e máis de catro mil euros de indemnización. O ministerio fiscal non solicita a substitución das penas privativas de liberdade pola orde de expulsión 'atendendo á gravidade dos feitos'.

Te puede interesar