Fomento puxo hoxe en servizo o túnel do Hórreo de Santiago de Compostela

Apertura del túnel subterraneo entre el Hórreo y la rotonda de 'Galuresa'.
O Ministerio de Fomento puxo hoxe en funcionamento o novo túnel Cornes-hórreo, cun investimento de 25,6 millóns de euros e que suporá 'eliminar' a conxestión no punto de maior tráfico de Compostela.
O túnel axudará a desconxestionar unha zona pola que circularán uns 50.000 vehículos diarios no contorno da futura estación do AVE, informou Fomento nun comunicado.

En total, a obra significou a construción dun túnel de 515 metros de lonxitude composto por dous tubos independentes, con dobre carril para cada unha das calzadas.

O túnel sitúase no contraforte leste do viaduto de Cornes e finaliza na Avenida de Lugo, entre as rúas Hórreo e a ligazón de Sar.

A nova infraestrutura tivo financiamento dos fondos Feder da Unión Europea.

A estrada de superficie terá tres carrís en sentido Pontevedra-A Coruña, cun exclusivo para o transporte público, e dous carrís destino A Coruña-Pontevedra.

Te puede interesar