TRÁFICO

A Garda Civil de Lugo descobre un posible delito de falsidade documental en placas de matrícula

A investigación iniciouse cando unha patrulla da Garda Civil detectou a principios de outubro deste ano, a un vehículo que circulaba con exceso de velocidade por a A-6

O Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (Grupo GIAT) do subsector de Tráfico de Lugo culminou a investigación dun posible delito de falsidade documental nunhas placas de matrícula temporais de empresa.

A investigación iniciouse cando unha patrulla da Garda Civil detectou a principios de outubro deste ano, a un vehículo que circulaba con exceso de velocidade por a A-6. O coche, de alta gama, facía uso dunhas placas de matrícula temporais de empresa, que espertaron sospeitas nos Gardas Civís.

A raíz das pescudas realizadas puídose saber que as placas temporais de empresa (placas vermellas) se atopaban caducadas dende o ano 2008 e que se modificaran os carácteres da banda de caducidade, supostamente co fin de eludir a vixilancia dos axentes de tráfico.

O titular das matrículas resultou ser un establecemento de compravenda de vehículos que estivo situado en Lugo capital e o condutor do vehículo o seu administrador, un veciño de Lugo de 40 anos de idade.

A compravenda non ten actividade dende hai ano nin sede física coñecida, o que se cre que era aproveitado polo administrador e condutor para eludir o pagamento das denuncias, nas que a responsabilidade recae sobre titular, así como rexeitar a obriga de identificar o condutor, conseguindo non solo eludir o pagamento de máis de 9.000 euros, senón tamén quedando sen efecto a detracción de puntos.

Finalmente, tras descubrirse que as placas de matrículas foron usadas en varios vehículos de alta gama (deportivos e competición rallye), provenientes de Alemaña e Lituania, e ante a sospeita de que puidesen ser importados incumprindo o preceptuado na lei, deuse coñecemento á Axencia Estatal de Administración Tributaria, por se puidesen ser considerados infracción administrativa.
 

Te puede interesar