O Goberno segue a estudar se recurre a Lei do Medicamento

A ministra de Sanidade, Leire Pajín, respostou onte ao senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, que pediu 'informes xurídicos aos servizos do Estado que me dirán con claridade se hai invasión de competencias no catálogo de medicamentos galego, se é así, o Goberno central terá que actuar'.
Pérez Bouza demandou a Leire Pajín que 'diga con claridade se van recurrir a lei galega de Racionalización do gasto sanitario, en concreto, o catálogo de medicamentos galego'. A ministra díxolle ao senador do BNG que ter 'un catálogo diferente en cada CC.AA pode caer na falla de equidade entre os cidadáns. Non vou discutir con vostede se é competencia do Estado ou non, non fago os informes xurídicos e por iso os pedin aos servizos do Estado'.

Pérez Bouza aproveitou a comparecencia de Leire Pajín para demandarlle que explique cal é a súa opinión respeito á Lei de Racionalización do gasto sanitario aprobado na Galiza, que contempla a creación dun catálogo de medicamentos que vai reducir o gasto farmacéutico.

'O BNG defendeu esta medida proposta polo PP porque é acertada. E non entendemos como desde o Ministerio se pode falar de racionalizar o gasto e ao mesmo tempo anunciar a presentación dun recurso ante o Tribunal Constitucional en base a dous argumentos, que consideramos que non teñen consistencia e tampouco teñen base legal', sinalou o senador nacionalista.

'Vostedes falan de invasión de competencias estatais', dixo Pérez Bouza na sua intervención, 'pero teño que dicerlle que non hai invasión de competencias porque se contemplan todos os principios activos que están recollidos no nomenclátor do Ministerio'.

Te puede interesar